Aviso legal


 

Privacidade e Protección de Datos

Na Sede electrónica do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía non se recollen os datos persoais sen consentimento. Os datos achegados polo interesado utilízanse, única e exclusivamente, para os fins previstos no procedemento ou actuación que for.

No cumprimento do disposto na Lei 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, o cesionario dos datos poderá, en calquera momento, exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación revogación do consentimento, limitación do uso de datos, portabilidade, impugnación e oposición na forma regulamentariamente determinada.

Esta política de privacidade aplícase nas páxinas da sede. Non se garante nos accesos por medio de ligazóns con este sitio, nin ás ligazóns desde este sitio a outras webs.

Segundo dispón o artigo 6.1 g) do Real Decreto 1671/2009, de 6 de novembro, inclúese unha ligazón coa Sede electrónica da Axencia Española de Protección de Datos.

Propiedade intelectual e industrial

O deseño, os seus códigos fonte, logos, marcas e outros signos distintivos que aparecen nesta Sede, pertencen ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública ou ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

Fica totalmente prohibido o seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade semellante agás autorización expresa do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. A licencia de uso de calquera contido desta Sede, outorgada ao usuario, limítase á descarga de dito contido e o seu uso privado, sempre que estes contidos permanezan íntegros e se cite a súa fonte (Lei 37/2007, de 16 de novembro sobre reutilización da información do sector público), respectándose en todo caso polo usuario o previsto no Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual.

O Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía declara o seu respecto aos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros; por iso, se considera que este sitio puidese estar violando estes dereitos, pregámoslle que se poña en contacto co Museo.

Dret aplicable i jurisdicció competent

A lei aplicábel, en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que compoñen este Aviso Legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos da presente Sede, será a lei española.

Para resolver calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita á Sede ou por mor do uso dos servizos que alí se ofrecen, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e o usuario acordan someterse aos xuíces e tribunais de domicilio do usuario, sempre que estea situado en territorio español.