Preguntas frecuentes


Contacto de soporte técnico: sede@museoreinasofia.es

 

 Que é un certificado electrónico?

Un certificado electrónico permite identificar o seu titular. Asegura a identidade de quen establece a comunicación electrónica e emprégase para asinar datos. Permite garantir que estes datos non foron modificados, así como a identidade do asinante.

 

 Como podo conseguir un certificado electrónico?

Se ten DNI electrónico xa ten un certificado electrónico. Tamén pode obter un certificado dixital en calquera das entidades emisoras de certificados recoñecidas, que pode consultar aquí. Por exemplo, na páxina web de CERES encontrará información sobre como conseguir un certificado electrónico.

 

 Por que non se amosa o meu certificado cando realizo un trámite?

Amósanse os certificados non caducados nin revogados que houber no almacén de certificados do navegador. Para consultar o almacén de certificados:

En Internet Explorer, seleccione menú Ferramentas > Opcións de Internet > pestana Contido > Botón Certificados > pestana Persoal.

En Mozilla Firefox, seleccione menú Ferramentas > Opcións > Avanzado > pestana Certificados > Botón Ver certificados > pestana Os seus certificados.

En Google Chrome, seleccione menú > Configuración > Configuración Avanzada > Apartado “Privacidade e seguridade” > Botón Xestionar certificados > Pestana Persoal. 

 

 Por que me aparece un aviso de que o sitio non é seguro cando accedo a un trámite?

Para evitar avisos do seu navegador cando accede por primeira vez a algún trámite da Sede Electrónica do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, deberá de instalar no seu navegador os certificados raíz do Subministrador de Servizos de Certificación utilizados na comunicación segura establecida por medio do protocolo HTTPS. 

Descargue os seguintes certificados no seu disco duro.

Descarga AC Raíz FNMT-RCM

Descarga certificado AC FNMT Usuarios

Descarga certificado AC Representación

Descarga AC Administración Pública

Descarga AC Compoñentes Informáticos

Faga dobre clic sobre o certificado descargado, abrirase a información do certificado.

Prema «Instalar certificado, abrirase o asistente para Importación de Certificados. Prema Seguinte, deixe as opcións por defecto, prema Seguinte e Rematar.

Realice os mesmos pasos para todos os certificados.

 

 Que preciso para utilizar o DNI electrónico e outras tarxetas criptográficas?

Para utilizar certificados dixitais cuxo soporte for unha tarxeta criptográfica precisará, ademais dun lector de tarxetas, un software específico segundo as indicacións do fabricante. Por exemplo, para utilizar o DNIe deberá de consultar a ligazón Como utilizar o DNIe. Para utilizar unha tarxeta criptográfica CERES deberá de consultar Preguntas frecuentes da páxina de CERES. Para outras tarxetas criptográficas consulte a páxina web do fabricante.

 

 Teño que ter instalado Java no meu ordenador?

Non obrigatoriamente. Se tiver Java instalado, só pode ser nunha única versión de Java, que deberá de ser a versión 6 ou posterior. Se non tiver Java instalado, o seu navegador non soporta Java (como Google Chrome) ou ten problemas con Java cando realiza o trámite, pode utilizar alternativamente o cliente de Autofirma.

 

 Como consigo Java?

Na páxina web oficial de Java.

 

 Podo usar o rexistro electrónico do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía para presentar documentos dirixidos a outros organismos?

Non, só se poden presentar as solicitudes, escritos e comunicacións relacionados cos trámites e procedementos do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

 

 Como sei se o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía recibiu unha documentación que presentei no rexistro electrónico?

O rexistro electrónico emite automaticamente un resgardo acreditativo da presentación do escrito, solicitude ou comunicación que for, no que aparecerán os datos fornecidos polo interesado, ademais de data e hora da presentación no servidor do departamento e unha clave de identificación da transmisión.

 

 Como podo validar a sinatura do resgardo?

Pode validar a firma dixital do resgardo emitido polo rexistro electrónico na plataforma VALIDE.

 

 Que podo facer se perdo o resgardo?

Na pestana “Os meus expedientes”, no menú principal da Sede electrónica, pode ver unha listaxe coas solicitudes realizadas e descargar o resgardo de cada unha. Para os expedientes que non atope en dita pestana, debe de acceder ao procedemento “Consulta dos meus expedientes”.

 

 Como accedo ao procedemento mediante Cl@ve?

Algúns procedementos admiten Cl@ve como forma de autenticación. Nesta páxina web poderá encontrar información sobre este sistema.