Calendario de días non hábiles


O rexistro electrónico do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía permite presentar solicitudes, escritos e comunicacións tódolos días do ano, durante as 24 horas do día.

Para efectos do cómputo de prazos, o rexistro electrónico réxese pola data e hora oficial española correspondente á península, Ceuta, Melilla e arquipélago balear.

A data e a hora de presentación figuran no resgardo acreditativo da presentación.

O calendario de días non hábiles é fixado na resolución anual publicada no Boletín Oficial do Estado para todo o territorio nacional.

Calendario laboral 2019