X

¿Que é a Sede Electrónica?

Ligazón a páxina Que é a Sede Electrónica?

A Sede electrónica do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) é un portal web que o museo pon a disposición da cidadanía. Esta Sede permite acceder, por medios electrónicos, aos trámites e procedementos da súa competencia, tódolos días do ano durante as vintecatro horas.

A xestión tecnolóxica, administración material, mantemento, dispoñibilidade e seguridade da Sede electrónica é competencia da Subdirección de Xerencia, que a exercerá por medio da Área de Informática, responsábel das tecnoloxías da información e as comunicacións do MNCARS. Esta área velará por que as medidas de carácter tecnolóxico e xurídico aseguren un estrito réxime de acceso á información administrativa por parte dos interesados, impedindo que as persoas que non teñan esa condicións en cada caso poidan coñecer a información que obre en poder do MNCARS.